20 de agosto de 2013

CARREIRA POPULAR FESTA DO MONTE TREGA 2013



O triatleta  Óscar Vicente, con 22´55”14, estivo a piques de bater o record da proba, (VOLTA AO MONTE TREGA) o muro foi de 42”. Para a organización foi un éxito que o mellor corredor  do Baixo Miño en estes momentos participara na carreira popular festa do monte Trega todo un luxo e desexámoslle o mellor.

En mulleres a gañadora absoluta foi Ariana González Verde que non se encontrou agosto no último Km, realizando un tempo de 28´57”.

327 atletas entraron na liña de meta, sendo a carreira absoluta a mais numerosa con 146 atletas, foi unha magoa que a 15 Km se realizara outro pedestrismo popular. Algúns din que temos que traballar para potenciar o Baixo Miño pero deste xeito non vamos a ningures.

Os oxetivos en futuras edicións serían: bater o record de participación preto dos 850 participantes, bater a marca de 22´12” do campusino Morais,  instaurar definitivamente a andaina e se é posible a marcha.

Para o atletismo guardés este ano é especial por varios motivos e un deles é recuperar a tradición. Como saben moitos guardeses Morais foi o creador de incorporar nas festas guardesas o atletismo (Pedestrismo) e quería organizar a carreira por ser o centenario e  deste xeito lembrar as oito primeiras edicións, e sete esporádicas.

Nesta edición incorporouse os termos andar e marchar apuntándose varios ciudadanos, dámoslle as gracias pola súa participación, non esqueceremos a súa participación así como a tódolos participantes.

O Trega agradece a colaboración do Concello de A Guarda, Polícia Local, Protección Civil, Deputación de Pontevedra e Coca Cola. Gracias  aos que sacaron fotografías das carreiras como Antón Ferreira, Bernardo Otero e Roi González.

Agradecer especialmente aos voluntarios que sen eles non se podería realizar este evento e unha ver mais estiveron xeniais;  gracias a  Comisión de Festas do Monte polo patrocinio e pola confianza prestada.

Resultados en www.trega.es
 DAORDE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario