13 de octubre de 2012

FRACASO PAULÍNICO

Os do Gobernillo fan un novo experimento co mercadillo dos sábados,pecharon parte da rúa Rosalía de Castro para ser ocupada por algúns vendedores.

A cidadanía tivo problemas coa circulación producíndose grandes atascos, os responsables de turno (Policía municipal),que tinha que realizar súa obriga, estaban de cháchara nas esquinas das rúas.
Este feito de irresponsabilidade, pasividade foi notoria, súa actitude intolerable fixo unha circulación mais lenta.

As 14:30 horas a Policía Municipal estaba desaparecida e as vaias na estrada seguían impedindo o paso aos turismos.

¿Esta vergonhenta pasividade dos axentes será en protesta pola retirada da paga extra do Nadal?; se non é así, demostra que o concelleiro de tráfico é un inútil.

E como "chiste" popular décimos se a estación de autobuses sirve para facer baile rexional, trapicheo, pintadas, concertos....etc, tamén pode ser utilizada os sábados para o mercadillo así como os arredores da Sangrinha.

¿Que é do plan de tráfico Guardés?
¿Esta é a calidade de circulación vial na entrada, saída de A Guarda e subida ao Trega?
¿Cando sairán os autobuses do casco urbano?

DAORDE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario